Memoria
de Adán.
0. Ir de
pesca.
Adán Lorenzo Domínguez
Falcón.
A
min dende pequeno gústame o mar, e gústame pescar.
Tamén acompaño o meu pai ao mar , levántome ás 3:30
da madrugada, porque meu pai anda á pesca do polbo e hai que ir cedo para
arriar as nasas[1]
coas que se apaña o polbo. Despois de arriar as nasas imos fondear para durmir.
O tempo de durmir é de dúas horas, e despois imos levantar as nasas e darlle o lance[2]
a todas as caseas[3].
Ao terminar comemos un bocadillo e xa marchamos a levantar.
O lanse da tarde é distinto porque hai que iscar[4]dentro
da bolsa[5]
e despois atámola a un cordel que esta na sareta[6].
A recollida das nasas faise cun aparello chamado halador e pode durar dúas ou tres
horas. Ao rematar marchamos para terra,
para descargar o polbo, pesalo e clasificalo en tres tandas[7]
para vender na lonxa. Ao terminar de vender atamos o barco e marchamos para
casa, ceamos e deitámonos a descansar para madrugar ao día seguinte.
O barco Estela.
[1] NASAS- Gaiola de aceiro
inoxidable de forma redonda cuha entrada de plástico e una saída de rede.
[2] LANSE- É a operación que
lle facemos ás nasas, consiste en levantar e arriar outra vez.
[3] CASEA-Agrupación de nasas
que pode ser de 100 ou de 200 nasas que estan suxeitas por un cabo e nos
estremos unha boia.
[4] ISCAR-Consiste en engadir comida que pode ser sardiña ou xurelo
esmagado.
[5] BOLSA-Recipiente de
plástico de forma cuadriculada que está feita de fío.
[6] SARETA-Saída da nasa que
esta feita por rede e por onde sacamos o polbo.
[7] TANDAS-Clasificar o polbo en grande, mediano e pequeno
Memoria
de Adán.
I. A
vida de meu avó
Adán Lorenzo Domínguez
Falcón
Meu avó naceu na illa de Ons. Estivo uns corenta
anos, eu non o sei certo, porque non o coñecín. Cando nacín el xa morrera
Na illa dedicábase á pesca e ao gando. Á pesca
dedicábanse os homes, e nas terras as mulleres.
Os homes ían pescar nas gamelas e nas dornas: pescaban
polbo, maragota, pintos, chocos… Ían pescar por Cíes, Cabo Silleiro e algunas
veces cara a norte: Cambados, O Grove… As gamelas ían impulsadas pola forza do
vento, porque daquela non había motores. Por iso cando non había vento tiñan
que ir a remo.
Cando enganchaban mal tempo, varaban as gamelas na
praia que estivera máis cerca para refuxiarse do mal tempo. Durmian debaixo da
gamela para non mollarse e non pasar frío. Ao pasar o mal tempo botaban as
gamelas ao mar para seguir a pescar. Outro perigo dos mariñeiros de antes era a
néboa. Daquela non había aparellos electrónicos: radar, V.H.F, ploter, GPS,… tíñanse
que mover a vista ou tamén pegados á terra. Era moi complicado, porque se o mar
estivese picado podíalles virar un seco[1].
Outra cousa era recoñecer as pedras para non quedar encallado.
Os peixes que pescaban viñan traelos a Bueu ou a
Portonovo, onde había lonxa e podían gañar algo para comprar de comer ou algunha
roupa á familia.
Utensilios
de pesca
Os utensilios de pesca que empregaban os pescadores
facíanos eles. Utilizaban un mirafondos que era unha caixa de madeira que tiña
un cristal que servía para mirar o fondo. Facían o uso das gafas de mergullo
actuais. A altura que podías mirar era de unha ou dúas brazas de auga.
Memoria
de Adán.
II.
Historia de meu pai
Adán
Lorenzo Domínguez Falcón
Meu
pai sempre me contaba historias da vida
da illa de Ons e da vida de meu avó.
Meu
pai dedicábase a sacar o gando, mentres meus avós quedaban a cavar na veiga, ou a buscar herba para o gando para cando
chovía. Moitos días meu pai ía para fóra da illa, para un sitio chamado o Castillo,
no que había herba de abondo, pero ese día ía a outro sitio chamado o illote da
Fritosa, porque alí estaban outros rapaces co gando.
Estando
alí dedicábanse a xogar ás agachadas ou ao pilla pilla, pero coa condición de
vixiaren o gando mentres xogaban.
A
xente de terra quería ila remolcar, pero estaba dunha laxe e non se podían
acercar porque o mar non lles deixaba, polo que tiveron que abandonar.
Dende
aquel accidente meu pai e os seus compañeiros non foron máis ao illote coas
vacas.
Memoria
de Adán.
III. A Miña Aventura
Adán Lorenzo Domínguez
Falcón.
Tiña eu uns oito anos cando despertei
ás cinco da mañá xusto cando meu pai marchaba para o mar. Coa ansia levanteime
e díxenlle que ía con el ao mar. Contestoume que non, que ventaba vento sur. Eu
insistín até que me dixo que si. Ergueuse miña nai e doume roupa para vestir,
xa que ía frío, e marchei para o mar. Ao chegar ao porto había máis mariñeiros
e preguntáronlle ao meu pai por que me traía ao mar. Meu pai díxolles que eu espertara
e quería vir.
Botariamos media hora a falar, pero
despois chegaron armadores amigos de meu pai e dixéronlle se iamos ao mar, porque
estabamos iscados[1],
e non podiamos quedar no porto porque podrecía o isco[2].
Desmarramos cabos e saímos dous
barcos só ao mar. Saímos pola punta do peirao, e o mar estaba calmado, pero ao
chegar a Cabo Udra xa empezaban a remontar os mares por riba da proa, mais non
nos rendemos.
Eu ía co meu pai na ponte, e meu
irmán e outro mariñeiro ían no rancho[3] a durmiren. Meu pai ía
falando polo VHF[4]
e así divertíanse durante a ruta, porque iamos faenar nas illas de Cíes e S.
Martín.
A
ruta pode ser de una ou dúas horas. Ao chegar ao mar meu pai foi chamar os
mariñeros para que se preparasen para empezar a faena. Empezamos a arriar as
caseas dende A Estatua, e despois de arriar a metade fomos para fóra. Ao chegar
o vento seguía ventando fresco, pero nós arriamos.
Viñemos para fondear. Comemos o
bocadillo e iamos deitarnos cando meu pai sentiulle a un barco da Guarda que para
a tarde daba máis vento, polo que xa non nos deitamos, senón que marchamos a levantar.
Levantamos as caseas de leste de Cíes,
as que estaban no abrigo, pero o vento non paraba de ventar e as nasas viñan
cheas de rañacús[5]
e de caramuxos[6],
e tardabamos máis tempo en levantalas. Ao terminar fomos para fóra a levantar o
resto das caseas, pero cando chegamos a fóra non había pasante pola porta de Cíes[7], polo que tivemos que ir
polo sur de Cabo Vicos.
Asi foi que fomos alá, e ao chegar ás
caseas ventaba tanto que fomos coller a boia, porque xa estaba a casea atacada,
e tivemos que pasar a carramusa[8]. Veunos un mar que nos
pegou unha proa e rebentou a madre da casea[9], polo que tivemos que deixar e virnos para terra para
ao día seguinte ilas levantar.
[1] ISCAR-Manobra de botarlle
comida ás nasas.
[2]ISCO-Comida que ten a nasa
para comer o polbo .
[3] RANCHO-Bodega onde hai
camarotes para a tripulación para descansar.
[4] VHF- Aparello que serve
para falar cos outros barcos que están na mesma frecuencia.
[5] Rañacús:Estrelas de mar.
[6] Caramuxos:Caracois de
mar.
[7] Pasante pola porta de
Cíes: Paso para os barcos entre as illas de San Martiño e Cíes. En Ons esta
porta está entre as illas de Ons e Onza.
[8] Carramusa – lugar por
onde se atan os barcos. É un aro metálico que se sitúa na proa.
[9] Madre da casea –Cabo
gordo onde van as nasa enganchadas

