Umbrela 11
Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons. Bueu (Galiza). Xuño. A.D.
2008.
Umbrela 11.
Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Xuño de 2008.
Publicamos Umbrela 11 a un mes de ter publicado a nº 10, porque neste novo número incluímos todos os relatos que participaron no concurso organizado pola asociación Os Galos. Destacamos deste número:
Jorge Bernárdez Martínez, e 2º A, e Beatriz Vidal Patiño, de 1º C, obtiveron o 1º e 2º premio respectivamente na súa categoría, no concurso de relatos mariñeiros organizado pola Confraría de Bueu e a asociación Os Galos.Un ano máis as alumnas e alumnos de Dora conseguen os premios deste concurso. Os nosos parabéns aos premiados, a Dora e aos alumnos de 1º e 2º de ESO que participaron en grande número neste concurso.
Diarios de Adriana e Jacky. Novas entregas (capítulos 3 e 4) da novela, que xa está a piques de se publicar enteira na súa Googlepage e na súa páxina web.
Memoria de Adán. Nova entrega dos escritos, que tamén seguen publicándose na súa Googlepage.
Club dos Poetas Vivos. Nova entrega de poemas, algúns deles aínda non publicados na rede.
Pablo Seijas, un compositor e cantante que rematou 4º de ESO no IES Illa de Ons en xuño do ano 2007, e que nos entrega unha entrevista e algunhas gravacións de vídeo e audio da súa creación (algúns aínda non coñecidas). Podedes encontrar algúns destes materiais no blog do Equipo de N. e D. Lingüística. Queremos que as persoas que rematen os estudos no IES Illa de Ons teñan a posibilidade de colaborar tanto con Umbrela como cos diferentes blogs que se editan no centro, polo seu carácter de ex – alumnos.
Anxo Fariña Facemos unha pequena reportaxe fotográfica con e os seus debuxos, así como da charla de Xesús Constenla.
Viaxes. Publicamos crónicas das viaxes a Lourizán-Pontevedra e a Madrid.
Internet no Illa de Ons: Biblioteca:bibliotecailladeons.blogspot.com
Equipo de Normalización de D. Lingüística: endl-illadeons.blogspot.com
Umbrela: revistailladeons.blogspot.com
O PRADO.
O meu soño
Iria Piedras Gómez 1º B
A néboa inunda todo dunha humidade fría e triste… Non sinto o corpo, pero estou correndo, busco algo, non sei ben o que… Sinto a presenza de seres estraños, lobos xigantes e famélicos que me queren atrapar. As miñas pernas van máis e máis rápido, xa non podo máis… E de súpeto… Zas! Todo é luminoso, estou nun precioso prado verde de ceo despexado e alí arriba no alto do val hai miles de flores amarelas, vermellas e brancas. Máis abaixo, case tocando un fermoso mar cristalino, atópase unha marabillosa fervenza e nela os meus amigos xogando a un xogo que a simple vista parece divertido. Acércome lentamente e eles invítanme a xogar. Todo parece perfecto pero hai algo que non cadra, hai algo extraño… Todos os meus amigos teñen o cabelo louro! É extraño pero divertido! Ata Mar a miña amiga da alma de cabelos carbón agora ten os cabelos tan louros que parecen ser brancos.
Chego ata eles que, aínda que non me falan, sinto que coas suas miradas e xestos estanme convidando a xogar xunto a eles… De súpeto xa sei o que busco! Estou buscando un cristal! E entre a espesura do bosque que se atopa detrás da fervenza, entre alguns fentos ,atópase un cristal de cor verde, moi brillante que reflicte a súa luz ás árbores máis cercanas. Acércome cautelosamente e collo o que resulta ser un colgante cheo de fermosura, de pronto teño unhas ganas infinitas de lucir esa bela xoia e con moito coidado poño o colgante. O meu interior xa está en paz e por iso acudo a xogar cos meus louros amigos, pero algo me pasa nas pernas, intento correr a un ritmo normal pero as miñas pernas corren moito máis rapido… Teño medo e estou asustada, como siga así ,vou caer polo barranco que hai ao final do prado e as miñas pernas cada vez van máis e máis rápido…
Estou voando..? Estou morta..? Non! Estou caendo, é unha sensación moi extraña, a adrenalina percorre o meu corpo e unha sensación de vertixe alóxase na boca do estómago. Sigo caendo pero non miro o solo, alí arriba todo é moi bonito, todo é azul, con varias nubes brancas que parecen algodón ,decoran os arredores, a temperatura é agradable e eu disfruto do momento . De súpeto doume conta de que no meu pescozo aínda loce aquela esmeralda dun cor esperanza moi luminoso. Pouco a pouco tamén me doume conta de que un olor familiar enche o ambiente, o olor a mar, e os meus oídos perciben o cantar das ondas do mar. Cando miro cara abaixo reparo en que caio a maior velocidade e que abaixo espéranme uns penedos moi parecidos aos da praia á que ía cando era nena.
Falta moi pouco… voume matar…Paf!
Salto na cama… Todo era un soño, miro o meu reloxo, son as cinco da maña e empeza a amencer, xa non teño sono por iso érgome e empezo a escribir este soño tan estraño.
Xesús Constenla, autor d’O libro das alquimias falou do seu libro, da súa obra e do seu traballo como escritor con alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO.
Esta actividade foi organizada no marco do Plan Lector do IES Illa de Ons, o día 19 de maio de 2008.
Unha hora co escritor e debuxante Anxo Fariña.
Alumn@s de 1º e 2º puideron coñecer o día 3 de xuño o autor do seu libro de lectura Os Megatoxos. Anxo Fariña, por xentileza do Consorcio Editorial, explicou como crea as súas obras e fixo varias demostracións, debuxando a dous alumnos voluntarios.
Josuha Acuña Martínez, de 3º B, foi un dos modelos de Anxo Fariña na súa creación de personaxes. O propio Josuha, que xa colaborou no anterior número de Umbrela, expuxo as súas creacións no IES o pasado 3 de xuño, sendo felicitado polo propio Anxo Fariña.
A continuación amosámoslles a entrevista que Rebeca Agulla Peixoto (P:R) e Yolanda Entenza Rúa (P.Y) fixeron a este xoven debuxante (J).
P.Y: Cando che empezou a interesar o debuxo?
J: Bueno... eu dende os tres anos gustábanme os debuxos, pero comecei a debuxar máis tarde.
P.R: Desde cando practicas as túas dotes de debuxo?
J: Comecei a debuxar desde moi cativo, concretamente ós 4 anos de idade. Alí os mestres xa me eloxiaban polos meus debuxos.
P.Y: En que te inspiras para debuxar?
J: Interesante pregunta... En todo o que se me pasa pola cabeza. Non vou a ningures sen unha libreta e lapis e sempre que se me pasa algo pola mente debúxoo.
P.R:Os teus pais apóiante na túa carreira como debuxante?
J: Pois agora que o dis, si. Como desde os seis anos xa tiña enfocado o meu futuro, os meus pais din que se iso é o que me gusta, que vaia a por el.
P.Y: Que plans tes de cara ó futuro?
J: Primeiro sacarei o titulo da E.S.O e seguidamente farei o bacharelato de artes gráficas, deseño e imaxe. A continuación farei un ciclo superior de artes gráficas e pode que me vaia á universidade das Artes de Barcelona. Despois só me faltaría atopar traballo...(ri).
P.R:Contas con alguén para axudarte?
J: Si. Teño varios amigos debuxantes, coma por exemplo Luis Davila e Julius que me axudan a mellorar os meus debuxos.
P.Y: Algunha vez tes presentado algún dos teus debuxos a un concurso?
J: Desgraciadamente non, porque estes son debuxos recentes. Pero teño debuxos gañadores dun concurso organizado por min mesmo na casa do pobo de Beluso e estou preparando un cómic para un certame de Cangas. Tamén estou organizando un obradoiro de debuxo con Luis Davila.
P.R: Algún membro da túa familia é tamén debuxante?
J: Non, só teño un primo politico que traballa de debuxante chamado Luis Davila.
P.Y: Tes algún debuxante como ídolo?
Gústanme moito os debuxos de Akira Toriyama, Stan Lee, Miguelanxo Prado, e tamén gústame o humor que reflicte nas súas tiras cómicas do Bicheiro, Luis Davila.
P.R: Falando de debuxo... que queres ser de maior?
J: Concretamente quero ser debuxante de cómics e que a xente se entreteña co meu traballo.
O MEU PRIMEiRO Voo: Madrid
Agustín Gallego Piñeiro, Seila Masenlle Alonso e Jonatan Lobeira Patiño. 3ºB
O venres día 31 de maio os alumnos de 3º e 4º fomos de visita á cidade de Madrid, grazas ao programa promovido pola Xunta de Galiza “O meu primeiro voo”.
O día comezou para todos máis cedo do normal, xa que tiñamos que coller o avión ás sete da mañá e estar no aeroporto unha hora antes. Por iso, saímos do instituto ás seis menos cuarto da mañá. Nesta hora o que máis e o que menos tiña unha cara de sono que asustaba.
A maioría das persoas que participamos na excursión non coñeciamos nin a cidade nin nunca viaxaramos en avión.
Ao chegarmos ao aeroporto puidemos ver aos nosos “compañeiros” de aventura de Vigo cos que ao longo do día teriamos os nosos piques pola posición de prazas no autobús.
O vó saíu sen atrasos e despegamos á hora marcada.
O vó foi moi tranquilo sen turbulencias nin ataques de nervos tipo Melendi.
Ao aterrarmos na capital unha guía esperábanos para recorer a cidade en autobús e ver os monumentos, prazas, edificios, etc. Neste intre comezou o mal rollo entre os institutos, xa que tivemos que ir na parte dianteira do autobús.
Na viaxe en autobús puidemos ver as torres máis altas de Madrid aínda en contrución e as torres Kio, máis coñecidas como a porta de Europa.
Seguindo o percorrido atopámonos coa manifestación dos mariñeiros e máis adiante vimos o Santiago Bernabeu e a praza de Colón, onde vimos a bandeira máis grande de España e o gran despregamento de Cuatro para retransmitir os partidos da Eurocopa.
Ás portas da estación de Atocha vimos o monumento dedicado ás vítimas do 11-M.
Monumento as vítimas de Atocha
Vimos o Congreso dos deputados, a catedral da Almudena, o Senado, o concello de Madrid, o museo Reina Sofía e por último a Praza do Sol.
Á hora da comida fomos á Casa de Campo, onde se atopa o zoolóxico, o lugar onde comemos.
Ao acabarmos de comer comezou a visita ao zoo e acuario de Madrid. O primeiro que vimos foi a exhibición dos golfiños, que para todos foi o mellor do zoo. Logo vimos toda clase de animais dende aguias ata tartarugas pasando por gorilas, elefantes, xirafas, canguros e sobre todo os animais máis bonitos, para min, do zoo: os osos panda.
No aquario había peixes pallasos, escorpións, tiburóns, cabaliños de mar e outros dos que non recordamos os nomes.
Ao subir ao autobús fomos os primeiros e puidemos sentar na parte traseira tomada por nós como unha vitoria e como derrota ao instituto de Vigo.
No autobús dirixímonos ao museo do Prado onde puidemos ver cadros de Velázquez, El Bosco, El Greco e a exposición sobre Goya.
Aquí rematou a visita a Madrid pero todavía quedaba unha cousa por decidir:
IES ILLA DE ONS,
Na busca dos asentos malditos.
A cousa foi moi clara a vitoria levouna o IES… Deus!!! Non podo dicilo!!
Foi…foi…trrrrrrrr………….
O IES ILLA DE ONS!!!!!!!!!!!!!
A volta foi tranquila, pero aínda quedaban forzas para montar unha gran festa de volta no autobús con cánticos que non sei se foron polaa vitoria, ou a cocacola madrileña ten algo que altera máis cá galega.
Profesores da excursión. De esquerda a dereita Sonia,Suso e Concha
Agustín Gallego Piñeiro.
CARTA I: Ao meu durmir
Non o sei.
Intentaralo?
Dubídoo.
Soñarala?
Seguro que si.
Como será?
Tento maxinar,
pero…
tento.
Non podo
ata que esperto.
Imaxino.
Beleza pulida,
intelixencia esteparia…
non é ela .
Tento outra vez.
Imaxino.
beleza interior,
ollo a súa fermosura…
é ela.
Ulo o defecto?
Rozar os seus beizos,
oír a súa pel,
tocar as súas mans,
bicala,
demostrarlle amor.
Gotas
crávanse como dagas
no meu corazón.
Tristeza no teu rostro:
puro inferno
que non podo evítar.
Consolarte,
escusa para verte mais preto.
Aloumiñarte,
tocar unha nube.
Dicirche o que sinto:
Escribo.
Só necesito
un sinal,
unha estrela que me guíe.
Logo
poderei
declarar o meu amor.
Estrella Pérez Porto
Por que choras, se te quero?
Non o sei,teño medo
Xa non sei se te amo
É un pesadelo.
Non me digas que te perdo.
Non o sei, dáme tempo
Sae da miña vida,
Da miña mente,
Do meu corazón!
Xa non quero verte máis!
Ti non sabes dar amor
Non sabes nada
Sempre estiven enganada.
É
moi certo
Que do amor ao odio hai un paso
Porque eu a ti aborrézote.
Causáchesme moito dano
Todo foi en van
Non volvas máis a min
Eu a ti xa te esquecín.
Na miña sombra hai brétema.
Que lle fallou o me corazón?
Que sucedeu entre nós?
Non o sei, que cambiou?
O noso amor quen o matou?
Algo en ti se
Transformou.
Yoel Parada Santos.
Naquela tarde fría e húmida de maio faleiche. Ao instante namoreime
Comezamos a falar, funte coñecendo.
Ao cabo do tempo enchiches o meu corazón de amor
Non te podo mirar, nin sequera me deixas falar.
E o meu corazón rompeu a
chorar por ti
Explícame,
porque teño que vivir sen ti?.
Ti, minha senhor,
aquí no alto do meu corazón
estás tan lonxe que non logro verte.
Non me atrevo a dirixirme a ti.
Ao final díxencho,
e por fin saín de dúbidas,
e por fin me dou conta de que si,
que sentes o mesmo ca min.
Sinto morriña de estar as noites ao teu lado,
bicando o teu pescozo.
Xa non me fas caso.
Se vas seguir sen tan sequera mirarme,
prefiro que Deus me quite a vida.
Ai,minha señor,
que xa non me deixas bicarte,
sen o teu amor,
morro.
Tamara García Piñeiro
P
adecín tanta dor,
tanto sufrimento.
Xa non podo pensar máis niso.
Cada un tomamos o noso camiño.
Tal vez no te deas conta,
que este poema,
fala de ti.
Sinto tanto todo o que sucedeu.
Antes tanto amor,
e agora nin nos tratamos.
Por que tivo que ocorrer isto?
Teño un novo amor,
que non me traizoa.
Ámoo máis do que te amei a ti.
Non veñas a pedirme nada,
a legar que me amas,
que estás arrepentido,
que me queres só a min.
Non te creo.
Tomei outra dirección,
e non a vou truncar,
polos teus caprichos.
Dígoche adeus para sempre.
Arríncame do teu corazón.
A
mor,
axúdame,
eu ámote,
e ti tamén me amas.
Quérennos afastar.
Non o permitas.
Se me queres,
lévame o teu carón,
lonxe,
moi lonxe,
onde ninguén nos atope.
Amor,
non me esquezas,
ámame,
loita por min,
ven comigo,
á fin do mundo.
Amor,
xúrame,
que non te irás.
Non me deixes soa.
Ninguén nos separará.
Sexamos un.
Visita a
Lourizán e Pontevedra.
Agustín Gallego Piñeiro, Seila Masenlle
Alonso e Jonatan Lobeira Patiño. 3ºB
O martes día 6 de Maio fomos de visita a
Pontevedra, grazas ao “Proxecto Terra” que fai o Colexio Oficial de
Arquitectura de Galiza. Este proxecto comezámolo meses antes con cadernos, onde
nos explicaban o que é a arquitectura antiga, moderna contemporánea.
A saída comezou

O pazo e os xardíns teñen un estilo neoclásico seguindo
o deseño dun arquitecto francés.

Logo disto fomos ao monte, arredor do pazo, onde
puidemos ver un regato que tiña numerosas pontes e unha impresionante cova.
Ao final da visita ao pazo puidemos ver un gran
invernadoiro botánico do S.XIX feito de ferro e cristal.

Ao
marcharmos de Lourizán, visitamos a avda.de Montero Ríos, que se atopa na
Alameda. Nesta avedida encontramos os edificios da Deputación, a Delegación da Consellería
de Educación e o Concello de Pontevedra.

Logo
disto fomos ver a Real Basílica Menor de Santa Maria a Mayor do S.XVI, que foi
construida polos mariñeiros do barrio da Moreira. A sua fachada e moi reclamante,
con moitos santos nela e unha fermosa guirnalda.

Desde
a basílica, encamiñámonos pola rúa Alta, onde vimos a casa máis antiga da
cidade, que tiña un escudo e uns arcos góticos. Alí Benito Soto, pirata
pontevedrés, din que escondeu uns dos seus botíns.
Baixamos
pola rúa de Manuel Quiroga ata chegar á praza do Teucro, onde se atopan os
escudos máis antigos da cidade Pontevedresa

Máis
tarde, puidemos ver a praza de Mendez Núñez, onde se atopa unha estatua a
tamaño real de Valle-Inclán.

A
seguinte praza que visitamos foi a da Leña onde se encontra o Museo de
Ponteveda. Nesta praza rodáronse númerosas películas,
como
por exemplo “A lingua das Bolboretas”

A
última praza que visitamos foi a praza da Ferreria, a cal é unha union de
varias prazas. Ai a guia despediuse de nos e puidemos comer.
A
visita do museo fixémola pola tarde. Nel dividímonos en dous grupos para poder
visitalo mellor. A primeira sala que visitamos foi a dos castrexos con pezas
castrexas e un gran tesouro atopado Caldas que consta de 30 quilogramos de ouro
aproximadamente aínda que só se conservan 15 no museo.
A
seguinte sala que vimos contiña unha colección privada de Gonzalo Fdez. de
Unha
da últimas salas que visitamos foi a de Méndez Nuñez un capitan de fragata
Numancia e respectado por nobres da súa epoca pola súa vitoria na batalla do
Callao.
O
fin da visita do museo foi onde vimos os debuxos orixinais e algun obxectos
persoais da vida de Castelao, como os seus lentes e a súa caixa de pinturas.

Diarios de Adriana e Jacky.
Mónica Rguez. Juncal. Mª
Elisa Dios Ríos 4ºB
endl.
Illadeons.blogspot.com
bibliotecailladeons.googlepages.com
www.doussabores.zxq.net
Diario
de Jacky:
11/04/08
Hoxe pola mañá miña nai contoume mentres almorzaba que a sogra da súa
xefa non quere que o neto lle fale galego, di que non serve para nada. Como eu
lle dixen a miña nai esa muller desprézase a ela mesma, porque ela é galega. Non
sabe o que dí. O galego é a lingua que nos debe identificar. Ao igual que os do
País Vasco falan e loitan polo Euskera e este é recoñecido, nós deberiamos ter
o valor de loitar pola nosa lingua.
Foi un dia moi complicado na clase, as xemelgas Eva e Jenny acusaron a
Germán de roubarlles unha fotocopia de matemáticas, entón levárono a Secretaría,
e con el a Rogelio, que foi voluntariamente na súa defensa.
Na segunda hora as xemelgas acercáronse a Germán.
-Fíxate que mala pata, que xa atopamos a fotocopia. Dixo Eva rindo
-Mala pata ningunha, pola vosa culpa abríronme o expediente. Non podedes
acusar sen probas a ninguén.
Despois disto Germán marchou para o cuarto de baño. Elas, como non, rían
malvadamente.
Como diría meu avó: Son unhas pirilleiras!
No recreo estivemos nas escaleiras repasando o libro ”Luna de lobos”,
aínda que só vou facer eu o exame. Adriana
decidiu facelo co resto dos nosos compañeiros, que se van examinar o día vinte
e tres deste mes.
Marcos e jacky están
separados por un velo fino, delgado e transparente, unha lámina de cristal moi
fráxil.
Jacky levou no recreo a
súa maior alegría: o rapaz do que está namorada, Marcos, non estaba con Lola.
Jacky sabe que non é posible estar con el, así que os seus desexos son poder
refacer a súa vida e, como non, chegar a esquecelo.
Sofía e Eva acaban de
provocar unha forte pelexa: están a rolar polo chan como dúas cunchas pola area
mentres se tiran dos pelos.
O exame do libro de
lingua castelá que ía facer Jacky ao final non o fixo, cambiouse para o luns
pola ausencia da profesora.
Logo iremos a clase de
Educación Física, que tamén hai que mover o corpo.
Á unha e media soará a
campá de saída e por fin poderemos descansar tranquilamente na nosa casa
Diarios de Adriana e
Jacky.
Mónica Rguez. Juncal. Mª Elisa Dios Ríos
4ºB
CAPÍTULO IV
Diario de Jacky.
14/04/08
Hoxe pola mañá Maika
estaba moi contenta. O motivo da súa ledicia non era máis que un embarazo. Si, estaba
preñada. E díxomo toda tranquila, chea de felicidade. Nin que o buscara!
-Mozo...vaia si...é
que...as cousas aconteceron moi rápido. Foi cando saía de clases. Germán parou
a moto e invitoume a ir á súa casa. Pois aproveitei.
-Estasme dicindo...
-Si, cala, non digas
nada. A cousa é que creo que estou embarazada. Iso nós sabémolo, dixo Maika
toda convencida.
-Eu se fose ti, estaría
segura antes de falar. Este foi o meu consello, aínda que pareceume que non lle
gustaron as miñas palabras. Ela é moi teimuda e nunca fai caso do que lle din. Eu
non son a máis indicada para dar consellos, despois do que me sucedeu con doce
anos. Daquela non escoitaba a ninguén, desconfiaba das persoas que realmente me
querían axudar no meu problema.
Ao chegar a clase, Germán
estaba gardando un sobre. O único que puiden escoitar foi como Rogelio lle
dicía:
-Se consegues volver
deitarte con ela, e lle fas crer que sodes mozos douche máis.
-Todo ao seu tempo. Dicía
Germán cun falso sorriso.
Non o podía crer! Se o
que estaba pensando era certo, esa persoa da que falaban era Maika.
Hoxe a primeira hora non
facía máis que mirar para min. Parecía que tiña fincados os seus ollos na miña
persoa. Eu intentaba evitalos non prestándolle a máis mínima atención. Por que
me pasará isto a min? Por que me parece imposible esquecelo? Por que Marcos
dunha maneira indirecta continua co seu xogo de sedución? Quizais é
inconsciente do seu xoguiño...
Cada día aumentan as
miñas preocupacións. Quizais é o paso da adolescencia á madurez. Aínda que
considero que eu xa madurei, madurei antes de tempo.Hai veces que un
acontecemento da vida fai madurar a unha persoa dun día para outro. Iso foi o
que me sucedeu a min.
No recreo estiven con
Rosa que foi a xunto Marcos, e como non, eu con ela. Dixo que tiña mal a gorxa,
que lle debeu sentar mal un cubata que tomou onte. Calquera diría que no fondo
me gusta. Pois non me gusta o alcol: só bebo algo de vez en cando, pero sen
abusar. El, pola contra, polo que teño escoitado, vai as fins de semana de
botellón. Esta é outra das razóns que teño para intentar esquecelo: sempre
dixen que non me pensaba fixar nunha persoa que estivese metida nalgúnha droga,
e iso é o alcol. Aínda que non é un alcólico
hai veces nas que está ebrio.
Creo que Diego ten os requisitos para que calquera muller o considere o home ideal.
Manifestación pola
lingua galega en Santiago de
Compostela, o 18 de maio de 2008.
Información aparecida no portal dixital en galego Vieiros, 19 de maio de 2008

Foi a manifestación polo idioma máis numerosa que se lembra (...) Chuviscou e
choveu, intermitentemente, pero iso non influíu na asistencia a unha
manifestación que resultou, sen lugar a discusión ningunha, un completo éxito,
cunha moi visíbel participación de rapaces e adolescentes. A Praza da Quintana,
con capacidade para unhas dez mil persoas, encheuse sobradamente, polo que
parece claro que a participación superou esa cifra. A organización da marcha
elevou o cálculo até as 25 mil persoas, mentres que a policía local rebaixou a
asistencia até as oito mil manifestantes.
A marcha estivo encabezada por dúas fileiras de rapaces e rapazas, que portando
candansúa faixa, reivindicaron o seu dereito a facer a súa vida en galego,
comezando polo ensino, unha das grandes reivindicacións da manifestación, e
clave para asegurar a supervivencia do idioma. Na Quintana, o presidente da Mesa,
Carlos Callón, afirmou que a situación do galego é crítica, pero que aínda está
na man dos cidadáns e das administracións o mudar esta realidade. Felicitouse
por iniciativas como as Galescolas ou a Lei de Comercio, pero lamentou a
situación do galego no ensino, tanto no universitario coma no obrigatorio, onde
levan anos incumpríndose as leis que indican un mínimo de contidos na nosa
lingua.
Igual de crítica amosouse a xuíza Ana López-Suevos, contra a que se abriron
dilixencias por permitir o uso do galego nun xuízo. López-Suevos criticou o
escasos resultados que ao seu xuízo deron as políticas de normalización
lingüística nos últimos 25 anos, e afirmou que en Galiza si existe un conflito
lingüístico.
Por Neves Otero Ruíz.
1-A que idade che
comezou a interesar a música?
Aos 13
anos, cando miña irmá comezou a poñer uns vídeos dos “Guns and Roses” a todo
volume na súa habitación. A partir dese
grupo funme interesando cada vez máis pola música e sobre todo por grupos de
estilos similares, como “Marilyn Manson” ,”Helloween”, “Led Zepelin”, “ Iron
Maiden”, “ Metallica”, “ Slipknot”…
2- Cales foron os grupos que mais
che impresionaron na túa vida?
Pois todos
os que xa dixen, pero en especial, os “Guns and Roses” e agora mesmo o grupo
que máis me impresiona é Helloween, pola súa posta en escena e polo ben que se
adaptan tanto a temas mais cañeiros, como a marabillosas baladas.
Para min sen dúbida ningunha, son o
mellor grupo que pariu esta terra.
3- E grupos a nivel nacional?
Pois sen dúbida “Heredeiros da Crus” e “Rastreros”.
Estes dous grupos empezáronme a gustar polas súas letras cómicas ao mesmo tempo
que críticas.
Estes dous foron os principais,
pero despois empecei a interesarme por grupos como “Tierra Santa”, “Sangre
Azul”, “Warcry”, “Mago De Oz”... sóenme gustar os grupos heavys, que en España
e en Galiza hainos moi bos.
4-Cando comezaches a tocar a
guitarra?
Comecei con
14 anos, cando un día lle comentei a miña nai que me gustaría ter unha e
introducirme no pequeno mundiño da guitarra, onde xa se meteran algúns colegas.
5-Por que a guitarra e non outro
instrumento?
Máis que
nada porque a guitarra era o instrumento que máis identificaba o estilo de
música que a min máis me gustaba. E segundo ía aprendendo máis íalle collendo máis
afección, inda que tampouco son moi bo tocando...eu toco o xusto e necesario
que me fai falla. Se necesito aprender algo máis para compoñer, fágoo...pero o
xusto.
6-Cando comezaches a gravar na casa
xa tiñas pensado facer un disco cos teus temas?
Non, eu comecei
gravando para min, por diversión, e pouco a pouco ía xuntando temas tanto de
versións como de cancións escritas por min. Un día decidín gravalas todas nun CD e foi a partir de aí
cando os meus amigos comezaron a escoitar os temas e a dicirme “ E, Seijas,
tesme que pasar o CD cuns temas teus”...e cando me dixeron que me pagaban dous
euros por el...non dubidei en facer bastantes copias. A porta do instituto o
día seguinte parecía un “Top manta”. Comenteillo a miña nai e díxome que estaba
tolo, pero foi ensinarlle os 50 euros que gañara ese día só, e cambiou de
opinión...mesmo me comprou ela máis CDs para gravar.
6-Que é o que che inspira para
compoñer?
Pois o que
me inspira realmente é a historia, pero non a historia que tanto odian os
alumnos (“Je je”). A min o tema que máis me inspira é a época da Guerra Civil,
os fusilamentos, os movementos antifascistas... Quizais este tipo de
inspiración se marque máis na segunda maqueta que penso gravar logo, porque na primeira
realmente foi unha verdadeira variedade de temas, sen deixar de ser bastante
divertidos.
Pero tamén me inspiran temas como o
amor labreijo (como eu lle chamo), a pobreza, a fame, as guerras, as
inxustizas,...todo iso que nós, a poboación mundial, tiñamos que evitar. Que
sentido ten matarse uns aos outros?Ningún
7- Din que os cantautores se
inspiran sobre todo cando están tristes, ou enfadados, a ti pásache o mesmo?
Si, a min pásame
iso, e creo que a todo mundo. Cando estou triste ou de baixón...pois anima
moito a coller a guitarra encerrarte na túa habitación e non saír ata que
desafogues. Eu aproveito eses momentos porque realmente poden saír cancións moi
boas ou mesmo ideas. Parece que cando estás triste todo che rima e che soa ben,
e véñenche palabras e frases que nin sequera te decatabas de que as tiñas na cabeza.
Cando estou
enfadado, a cousa xa cambia moito. Cando estou de mala hostia collo a guitarra
e póñome a aporreala e saco temas moi cheos de rabia ou a veces de tanta mala
hostia non saco nada e o único que fago e romperlle as cordas á guitarra de
tanta forza que lle dou.
8- Cal cres que foi o grupo ou
cantante que máis che influíu como cantautor?
Pois a
persoa que máis me influíu no tema de querer ser cantautor foi Tonhito de Poi,
o guitarrista de Heredeiros da Crus, e os Heredeiros en xeral. Pero agora,
calquera cousa que soe ben e teña boa letra...gústame. E vouche dicir a
verdade...hai xente pola Calle do Príncipe en Vigo, pedindo cartos mentres toca
catro pezas, cunha guitarra vella, que se merece máis ser recoñecida pola súa musica
que xente que gana millóns (iso inspírame, ver esa xente loitando e tocando día
a día na rúa) por pintar a mona dicindo que se gana a vida honradamente
tocando. Pero o mundo estache feito de moita merda e moito carto...e niso se
suxeita todo este tinglado, en cartos cartos e cartos, e por desgracia iso está
afectando á música, non hai máis que acender a televisión e ver os de “OT”, que
dan pura vergoña, tanto os concursantes como os que participan na merda de programa,
é a miña opinión e respecto a dos demais.
9- Ademais de cantautor tamén tes
un grupo de música Punk- Rock (Punkto Débil), como compaxinas ambas cousas e os
estudos?
Si, ese pódese
dicir que é o meu proxecto principal e como cantautor realizo o que non podo
realizar en Punkto Débil.
Con Punkto Débil xa dei bastantes
concertos, con grupos como Batea Negra, Defekto Optiko, Molestia, Malas Pulgas,...
E todo isto cos estudos...pois lévase
ben, se tempo sóbrame...o bo que ten ser cantautor é que non dependes de
ninguén para compoñer, para ensaiar...e con Punkto Débil só ensaio unha vez á semana.
Dáme tempo de sobra...inda que este ano en bacharelato non me fose alá moi ben (ri
polo baixo).
10- Agora estás preparando un
segundo disco con temas novos, pódesnos dar un pequeno adianto do que vai ser?
Pois verás,
esta segunda maqueta ou disco...como se lle queira chamar ou entender, vai
estar centrado en temas máis serios, pero sen deixar atrás para nada temas moi
divertidos...que hai algún que outro que ides mexar da risa. Pero non vou
esquecer denunciar todo aquilo que me parece inxusto, e mesmo denunciar a mesma
inxustiza.
Quero facer tantas cousas cos novos
temas, que non sei o que realmente facer, algo teño pensado pero non teño nada
fixo. Quero meterlle outra instrumentación de fondo á parte de guitarra, con
instrumentos como o violín, o teclado, gaita, frauta, harmónica, toques de
solos de guitarra eléctrica,...quero facer tantas cousas. E o problema que teño
é que o equipo para gravar non me é imposible pero si algo complicado, e tamén
encontrar xente que me axude en todo o relacionado coa gravación e retoques nas
cancións.
11- Ademais do novo disco tes algún
outro proxecto para o futuro?
Pois a
verdade é que proxectos en referencia á formación doutros grupos non teño
pensado para nada pero o que si estamos dando voltas moito á cabeza todos os de
Punkto Débil, no de gravar e movernos para conseguir concertos, e facer
camisetas, chisqueiros,...cousas para ir xuntando cartos...pero por agora
mellor é esperar e mellorar e darnos máis a coñecer, que é o importante
realmente agora. E melloramos moito dende a primeira vez que tocamos no
instituto...agora montamos máis festa (risos) xa non somos aqueles que se
agochaban detrás dos micrófonos e as guitarras.
12- Que consello lle dás a toda esa
xuventude que, coma ti, están comezando?
Consello?...pois
como cantautor non teño experiencia, pero animo a que se comece...de feito eu
estou dispoñible para quen queira organizar algo comigo, algún concerto, ou o
que sexa...pero como membro dun grupo de varios integrantes...dicir que hai que
poñerlle moita fe e non desanimarse nunca. Tamén dicir que polo pouco que teño
vivido encóntraste con xente moi xenerosa, e xente que dá gusto estar con ela,
como por exemplo Defekto Optiko ou Molestia, pero tamén te encontras con xente
que todo quere para o seu cu...supoño que a ignorancia non só se queda no
programa de “OT” (risos).
13- Tendo en conta que esta
entrevista é para a revista do IES Illa
de Ons, queres dicirlles algo aos
teus antigos profesores e compañeiros?
Pois que
algún que outro mestre o boto de menos e tamén algún que outro compañeiro...e
as boas notas que aí nese instituto quedaron tamén as boto de menos.
13- Para rematar poderías
redactarnos un pequeno fragmento dalgunha das túas novas cancións?
Si...como non!! Vouvos deixar unha
canción que escribín hai pouco e titúlase “Cambiemos”. Só é un pequeno
fragmento da canción e espero que vos guste.
Con agarimo, un saúdo a todos e
todas!
“Forza e Liberdade”
“Cambiemos”
Pode ser que pase de todo
Pero nada pasa de min.
Son as cousiñas máis pequenas
Polas cales se merece vivir
Unha noticia no telexornal
Foime máis que necesaria
Para facerme comprender
O motivo polo cal marchabas
Que prohíban a palabra estraxeiro
Negro, Branco ou de color
Guerra, fame, cáncer e fronteira
Disparo arma e tamén violación
TRABALLOS PRESENTADOS Ó CONCURSO DE LITERATURA MARIÑEIRA "UN TRABALLO POR UN PASEO" POLOS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE ONS NO ANO 2008
Dous accidentes nun só
día
Raúl Vidal Juncal-1º
B
Cando
eu era pequeno, meu pai ía nun barco que pescaba fanecas. Marchaban o lúns de madrugada e non volvían ata o venres
pola noite. No barco había tres mariñeiros a parte do meu pai. Un día cando ían cara ás
illas Cíes para empezar a traballar,
meu pai escoitou un ruído e decatouse de que un dos seus compañeiros
caera ó mar. Meu pai, alterado,
comezou a berrar
para que o
patrón parase o barco.
Memoria
de Adán.
IV. A
rescate.
Adán Lorenzo Domínguez
Falcón.
bibliotecailladeons.googlepages.com
“Mentres
tomaban algo apareceu un home pola porta dicindo que a unha milla fóra da
Guarda fora un barco ao fondo. Ao escoitar meu pai isto levantouse(…)”
Ao saíren da
taberna ventaba un ciclón de vento
norte. Meu pai e os seus amigos
desmarraron os barcos do peirao e puxeron rumbo a fóra da Guarda.
Colleron cadanseu
mariñeiro e puxeron rumbo ao peirao da Guarda.
Unha mañá perigosa.
Pablo Reiriz Piñeiro 1º C
Un día pola mañá todos os percebeiros saíron ó
mar para traballar o percebe, bueno,
como fan sempre.
De camiño a Ons, perto do cabo Udra, veu unha
airesa de vento e mar, e as ondas pasaban por riba das lanchas, todos os
mariñeiros cos seus traxes e os seus chubasqueiros tapábanse dese frio
espantoso. Neses momentos, todos os percebeiros estaban indecisos, se ían
traballar ou voltabam para casa.
Estes son os perigos aos que están expostos os mariñeiros e aínda máis os percebeiros.
Anécdotas dun home de
mar.
Jorge
Bernárdez Martínez,2º A
Unha experiencia en Sudáfrica
David Gestido Entenza ,2º
A
Esta historia trata sobre o meu pai,
Francisco Gestido que xunto cos seus compañeiros, viviron unha experiencia en
Namibia (Sudafrica).
A bordo do Cantábrico.
Jesús Santos Piñeiro,1º A
Marcharan un sábado
pola mañá cedo cara ó Gran Sol a pescar.Despois de botar tres días fóra, no
cuarto día, pola mañá xa botaran seis veces o aparello e na sétima vez non veu
peixe senón que veu o cadáver dunha persoa morta que desaparecera había tres
meses.
Meu pai viuse na
obriga de meter o cadáver no conxelador e botarlle xeo por riba. Ó día seguinte
veu un helicóptero de Protección Civil e levárono para identificalo.
Logo de marchar o
helicóptero puxéronse a falar entre eles e un comentou que non tiña os dedos
enteiros nin as orellas porque llas coméran os peixes.
Cando chegaron á casa viñan todos asustados, recordo aquela marea porque meu pai trouxérame unha pedra con forma de gaivota pero sen ás e a meu irmán unha lata de coca-cola antiga que o mar non desintegrara, posiblemente estivera ben regardada porque o mar desfai todo.
A bordo do Cornide
Saavedra.
Hugo Santaclara
Estévez,1ºA
Despois dunha hora aproximadamente, vén o
aparello cuns 500Kg de peixe (carioca).
A historia dos
prismáticos

Esta é a historia de como uns prismáticos
van cambiando de man en man, e, aínda que por agora non foron moitas veces, eu
espero que continúen así. Estes prismáticos son moi especiais , e agora están
na miña casa. Nesta historia contarei como chegaron ata as mans do meu pai.
Un barco francés, do
século XIX , naufragou por fóra da Illa de Óns. Ese barco levaba armamento de
guerra: pistolas, canóns, espadas... O meu tío-bisavó, un día, estaba navegando
por fóra da ría, como tódolos días, estaba pescando. Ninguén se acorda de como
conseguiu estes prismáticos, pero
supostamente debéronlle vir enganchados na rede mentres pescaba; debo dicir que
el colleunos e gardounos para quedarse con eles.
O
meu tío-bisavó, por desgraza, morreu arredor do ano 1969 e os prismáticos
quedaron nas mans da súa muller. Miña tía-bisavoa durou case ata os 100 anos,
que iso era o que poñía no seu DNI, pero en realidade tiña os 100 ou máis,
porque na illa só ían rexistrar as persoas que naceran, ou que morreran, cada
dous ou tres anos. Na illa naceu meu pai, ó que lle puxeron Francisco, porque
acababa de morrer o seu tío-avó Francisco e como non tiñan fillos , miña tía-bisavoa
tratuono dende o primeiro momento coma se fora o seu fillo. Ela fora a que lle
puxera o nome do seu defunto marido.
Cando a familia se mudou para Beluso, a miña
tía-bisavoa que durmía co meu pai, contoulle esta historia. Cando meu pai era
un adolescente e xa tiña coche , ela, que moito lle quería, esperaba ata a hora
que fora , esperta, para ver se volvía
ben.
No medio da noite tamén
choraba ou espertaba e chamaba polo meu pai e falaba con el.
Cando miña tía-bisavoa
estaba a piques de morrer e todos souberon que xa non podía durar moito máis, o
meu pai , co cariño que lle tiña , como viu que ós prismáticos ninguén lle daba
o aprecio que merecían , porque a súa tía-avoa estaba xa moi velliña, pediulle
os prismáticos e ela antes de morrer deullos, deixándolle así un recordo dela e
do seu marido.
O meu pai tenos como un tesouro, sobre todo,
en valor sentimental, por esa razón non os quere amañar e están tal e como
foron atopados. Coas lentes un pouco danadas.
Agora están na miña casa
esperando a pasar polas miñas mans, ou polas da miña irmá.
Luís Martínez Gallego, 2º A- Illa de Ons
A mar de
verdade.
Mirian Ferradás González.1ºA
No comezo
da súa andadura
no mar, cóntame
meu pai que todo era ilusión,
coma un regalo para un
neno pequeno. Un regalo
estraño e mareante.
Os
primeiros días de
navegación todo pasaba
bastante rápido. Un
mariñeiro novo contoulle
a meu pai,
que cando chegou
ó peirao, pensaba que ía andando
dereito e ía de
un lado para
outro, como o
balanceo do barco.
No barco enfróntase a
unha nova vida,
á convivencia cos
compañeiros, ó olor
e ás comidas
novas. Todo segue
sendo tan estraño
para un novo
mariñeiro… Meu pai
díceo así tan
sincero. Ver como
os seus compañeiros
pasan da alegría
ó enfado en
apenas uns minutos,
sen xustificación ningunha.
O mar é
así, vives nun
espazo tan pequeno,
pero co tempo
valo comprendendo.
Pasa
o tempo, meu pai
xa é un
mariñeiro máis, de
tantos. O estraño
e engaiolante pasa
a ser rutinario,
pero seguir adiante
é o principal.
A familia sérvelle
de empurre para
seguir. Di que
hai momentos bos
e momentos malos…
Cando o
mar está calmado,
só ve a
auga ó seu
arredor, entón meu pai sente que
o mundo é del.
Cando
o mar está
calmado, só ve
a auga ó
seu arredor, entón
meu pai sente que
o mundo é del.
Nunha
ocasión meu pai
pasouno moi mal,
contoume que o
vento sopraba moi
forte, o mar enfurecíase,
el non sentía
medo, pero repíteme
constantemente que o que
si sentía era moito
respecto hacia o
mar. As ondas
avanzaban, crecían en
altura. De repente,
un tremendo impacto
contra o barco.
Había moita confusión,
séntese mollado na cuberta.
Lémbrase
das postas do
sol, que hai
no Gran Sol, son espectaculares non
hai obstáculos que
o cubran coma
na terra, as
montañas.
Xa
todo pasou, o
mar volve o
seu. Sen darse
de conta do
ocorrido, os seus
compañeiros dinlle que
unha onda xigante
o tirou ó
mar e a
mesma onda devolveuno
ó barco. A
verdade, el non
a sabe pero
tampouco o quere
saber.
Lémbrase
das postas do
sol, que hai
no Gran Sol, son espectaculares non
hai obstáculos que
o cubran coma
na terra, as
montañas.
No
mes de setembro
métese o sol
ás dúas da mañá
e ás catro
aproximadamente xa é
un novo día.
A noite non
existe.
Os
anos pasan e
xa o mar
lle pode. A familia ée o
único que lle
dá forzas para
continuar. Ten na súa mente
seguir adiante coa
súa vida de
mariñeiro.
Non hai máis de trinta días meu pai sentiu medo. Un temporal colleuno no mar. O barco era tan pequeno… contra esas ondas tan inmensas … unhas rompían contra o barco cunha forza enorme e outras sorteábanse polo medio do mar. Meu pai non pensa o que lle pode pasar no futuro, pero seguirá, para sacar a familia adiante, indo ao mar cada marea.
A vela á Virxe do Carme.
Sergio Torres Ferradás.
1ºA.
Nun dos seus días de traballo, ía
pola ría de Aldán e intuía que aquela tormenta que vía que ía levantarse,
podíalle ocasionar algún problema. Daquela bogaba na súa pequena e querida
dorna cara a Cornido e comezou a sentir moito medo polo que lle podería ocorrer
á súa familia se el desaparecía.
De rapaciños, ó mar.
Ángel Estévez Pastoriza
2º A-Illa de Ons

A visita da balea.
Patricia Comedeiro Alfaya,1ºC
Hai uns
dezasete anos Román saíu cara ó Gran Sol,aquela marea estará presente nas súas lembranzas.
De maneira artesanal facíase collendo o follaco do millo
e peinándoo cun cepillo de alfinetes para desfialo. Este follaco,xa preparado
poñíase no anzol. Deste xeito tamén se pode facer con tiras de plásticos de
cores peinados co mesmo cepillo. Outra maneira de facelo era mesturando o
follaco e os plásticos.
Despois de navegar
dous días decidíronse a botar as liñas para pescar.Os primeiros días non
picaban os peixes e os mariñeiros estaban aburridos.No séptimo día cambioulle a
sorte e xa ían traendo máis peixe para a bodega,polo menos,xa se miraba algo.E
así a bodega,ía,cada vez,enchéndose un pouco máis e tendo ós mariñeiros
máis contentos.
Na miña familia, a
maioría traballan no mar, meu pai aínda traballa e meu avó tamén foi mariñeiro,
aínda que agora está xubilado.
El e mais meu avó ían no mesmo barco, non
recordamos o nome.
As gamelas dos nosos
avós.
Andrea Novoa
Pousa. 1ºB
O que non sei é quen nos vai contar as
historias que me contaba o meu avó nin sei se alguén porá gamelas na praia para
lembrarnos que unha vez fomos mariñeiros.
Cambios meteorolóxicos.
Mauro Álvarez Martínez 2º
A
Un día, como outro calquera, do mes
de decembro de 1963, un dos barcos máis utilizados para a pesca naquela época,
un veleiro, saíu a faenar dende o antigo peirao da praia de Beluso.
O día estaba soleado, moi
acondicionado para a pesca, co que esperaban unhas grandes capturas. Cabe
destacar que o que principalmente acadaban cos seus anzois eran rabalizas e
badexos.
Xa alí, nas aforas da illa de Ons,
os dous tripulantes do barco, que eran familia, concretamente cuñados, e
veciños de Beluso, dedicáronlle sobre unhas cinco horas á pesca, o que traería
como resultado unha boa marea.
Ó vir de volta, a toda vela, de novo
cara ó peirao de Beluso, levantouse un temporal fortísimo, no que unha tremenda
racha de vento arrastrou a vela, e con ela o barco, que volcou.
Nas
súas respectivas casas, esperábase a chegada dos mariñeiros sobre as oito e
media da noite. Xa que saíran da casa ás dúas da tarde. Cando eran as nove e
media, as mulleres dos tripulantes, que eran irmás, preocupadas, achegáronse ó
cabo de Udra, pois o costume naqueles tempos, ó non haber ningún tipo de
comunicación a distancia, era facer lume na illa de Ons para indicar que estaba
en terra firme. Dende Udra, non viron
ningún sinal de fume o que fixo desfalecer as mulleres das súas esperanzas de
volver ver ós seus maridos vivos.
Logo de moitos días de búsqueda, non
houbo nin rastro tanto desta antiga embarcación nin dos dous mariñeiros.
Por último, cabe mencionar a longa
agonía que tiveron que pasar as dúas irmás, mulleres dos dous homes falecidos,
ó non saber o paradeiro de dous dos seus seres máis queridos. Non saber se a carne
dos seus corpos está comida por algún tipo de peixe no fondo mariño, ou se os
seus esqueletos están estampados nunca rocha dalgún penedo ou infinitas hipóteses
posibles…
Ás veces o mar non devolve as súas
presas e non se volve a saber deles. Sempre é unha gran perda as mortes no mar
pero a máis grande tristeza é cando non aparecen os corpos para poder honrar os
restos dos seres queridos.
Unha experiencia en Sudáfrica
David Gestido
Entenza ,2º A
Elsa Duarte Simoes -1º B
O meu pai, Jose Benito, e o seu
curmán Alberto, como querían pasar unha tarde agradable foron
pescar.
Era
unha tarde de primavera no
mes de Abril soleada e con ventos procedentes do noroeste. Saíron coa gamela do
tío Checho, pai de Alberto, sen que el o soubera.
As
cores da gamela eran as propias do mar e do ceo: branco e azul. Levaba o nome
en honor do fillo menor,Eloi.
Partiron dende a praia de Mourisca,
rumbo á Illa de Ons.
Pasaron
entre o faro do Cabeso e polas pedras das Lobeiras, e máis polo O con de
Pejo,que é unha pedra redondeada e nela estaban unhas tres gaivotas e dous
galos mariños.
Segundo ía para fóra mirábase a
Batería dos soldados e os canóns vellos no medio dos toxos.As ondas e o vento
viñan de proa.Tamén se miraba a V que
fan os montes de Vilariño e a Pedra do Mel, na praia de Tuia.
Botaron a poutada para fondear a
gamela entre Cabo Udra e a Illa de Ons.Como había moito vento e moita oleaxe a
poutada non agarraba e a gamela garreaba.Pescaron con majas de Sardiñas.
Colleron:
Fanecas, Buraces, Rinchas, Congreos, Carallotes, algunha Pisarreira…
De volta viñeron en popa, máis
contentos que cucos e chegaron enseguida.Tiveron que arrastrar a gamela pola
area cansadiños como viñan, pero moi contentos.
Montaron os dous con toda a pesca no
vespino do meu pai camiño da casa.Cando chegaron fixeron unha cuchipanda cos
peixes que pescaro
Unha travesía con mala fortuna.
Pedro Novas Otero 2ºA
Nunha ocasión, o meu
avó Fernando, nun vintecatro de 1987, ía navegando con vento fresco de
Terranova para Vigo. Nesto empezou a arreciar rapidamente e ás dúas horas xa se
estaba formando un temporal.
Vistas as
consecuencias puxeron o barco a capear (proa ó vento) ata que o vento lles
revelou cara ó oeste e aí puxeron o vento a popa, pero xa notaban que tiñan que
darlle moitas voltas ó temón para poder dirixir o barco. Ás tres da mañá
quedaron sen poder dirixilo á mercede do temporal,do mar e do vento.
Unha
viaxe moi arriscada.
Ángela López Ferradás 1º A
Botou
as nasas á auga.Empezou a coller os polvos coas nasa ,e cun bicheiro colleu os
congros.Cando xa collera dous polbos e un congro,o ceo cubriuse.Estaba cheo de
nubes brancas,grises e negras.
De alí a uns minutos empezou a chover
moi, moi forte, e o mar púxose rizo.
Cando
xa se viu en condicions de sair rumbo cara a Bueu fíxoo.
El sempre me
di “A un mariñeiro,ningún mar o detén”
Eu creo que é certo.
Unha viaxe movidiña.
Martín
Cabaleiro Davila 1º A
Con tanto movemento toda a comida caeu ó
chan,e o meu tío con ela.Ó caer ó chan,fíxoo con tal forza que , meu tío deu un
forte golpe na cabeza.
Uns días de moito medo.
Ana Mª Otero González 1º
A
Hai cinco anos aproximadamente o meu pai
que se chama Luis ocorreulle no mar unha mala experiencia.
Meu pai
estaba no barco onde travallaba cos seus compañeiros case todos os días.Meu pai
e os compañeiros , mentres botaban as redes ó mar , falaban do tempo que facía
que era moi malo e que con ese tempo era moi difícil traballar e que polo
tanto, non ían pescar nada . Pero como o patrón era o que mandaban tiñan que ir
ó mar , e , xa se sabe,onde hai patrón , non manda mariñeiro.
Cando
viñan de volta para levar o meu pai ó Centro de Saude , como facía moi mal día
, de pronto, deron nun lado cunha pedra e fíxeron unha brecha moi grande nun
lateral. No barco empezou a entrar auga e os mariñeiros andaban a achicar a
auga para que o barco non fora a pique .
Unha pesca de altura.
Uxía Pastoriza Portela
Ao enterarse, un
amigo de meu pai chamado Salvador, foi buscar a videocámara para gravar aquel
acontecemento tan tenro, e logo poder
ensinala a todo o mundo. Despois de ter pousada a rede na cuberta do barco, a
foquiña non paraba de moverse e os mariñeiros non sabían que facer porque tiñan
medo de ferila. Pero ó final entre todos conseguiron quitala con moito coidado
da rede logo duns anguriosos minutos. Cando por fin puideron devolvela ao mar aquela
foca só tiña unhas pequenas rabuñaduras que se fixera ela mesma ao rascarse coa
rede. Pero a pesar diso estaban contentos porque conseguira sobrevivir.
Iria
Piedras Gómez 1º B
Eran
as dez e media da mañá dun sete de marzo do 1993 e o grallar das gaibotas
resoaba por todo o Gamba, un pequeno barco pesqueiro. Manuel, seguindo as ordes
do seu capitan Juan ,estaba subindo as nasas e os tramillos cando, de súpeto,
nun dos tramillos dibuxouse a silueta dun gran ser tentaculoso que intentaba saír daquela rede. Rapidamente
Manuel colleu un fungueiro pequeno e intentou cravarllo no pequeno oco que tiña
como boca, pero xa era demasiado tarde…
Contoume meu pai que no último gran temporal que houbo, alá a principios do ano 2007...
Era un día no que resultaba moi difícil navegar polo Mar Cantábrico.
O Cervantes ía cargadoo de coches.
A pesar de que o día non era demasiado agradable pasabas ben. Pero sen saber como o ceo púxose dunha cor escura, as ondas aumentaron de tamaño, unha chuvia alucinante e unha bruma moi mesta cubriu o barco e produciuse unha maruxía tremenda.
O barco tiña tres motores. De repente parouse de oír o ruído habitual do barcco e decatáronse de que un dos motores se parara. De alí a unhas cantas horas o outro motor tamén se parou. Afortunadamente todos os maquinistas ínter virón a tempo e procuraron que o outro motor non se parase.
Ó ser tan grande, o barco, escorou e todo o peso fóiselle cara ó lado onde se atopaba o único motor que conseguiran deixar acendido. Este non puido con toda a carga e o barco case se vai á deriva.
Os coches atopábanse nunhas bodegas amarradas con trincaxes e ó faceren forza cara ó lado no que o barco ía á deriva, as trincaxes cederon e pouco a pouco comenzaron a romper máis e máis.
Os mariñeiros que querían salvar a carga, ó querer suxeitar os coches caeron nas bodegas e feríronse.
Algúns con feridas graves e profundas. Un rompeu as costelas e unha perna e outro caeu e deu un gran golpe na cabeza e quedou incosciente. Por sorte só foron dous os feridos graves.
O cociñeiro non puido facerlles a comida ós mariñeiros porque os utensilios da cociña podían golpealos, dado que as ondas movían o barco.
Pásarono moi mal porque tiñan que comer comidas frías, como bocadillosou latas.
Tivo que ir un remolcador a remolcalos ata o porto máis cercano. Alí pararon uns días ata que lle arranxaron os motores.
Foron tres días de eterna amargura.
Vólvese o mar en calma
contra meu avó.
Adolfo Buceta 1ºA
Aquel día saíu ás
cinco da tarde ó mar a botar as nasas, despois veuse para á casa mentras as
nasas facían o seu traballo.
Á mañá seguinte foi comprobar os danos do barco,e resulta que,por sorte
podíase arranxar,pero non así o motor,"non evolucionados naquel
momento" así que dende aquela tiña que ir a remos a todos os lugares.
Un milagro no mar.
Flavia Marina Vidal
Cordasco 2ºA
Neste
lugar había moitas focas,que ó ver o home,varias delas,collérono e levantárono
para que non morrera conxelado.
Ángela
María Rey Franco
El díxome que naceu en familia de mariñeiros e é o mellor
que sabe facer.
Dous
relatos e unha traxedia.
Sheila
Dios Martínez 1º A
A súa salvación foi, grazas a Deus, a malleta, porque se
non quedaría perdido polo mar xa que non o verían dado que era noite pechada.
Tamén me contou
meu bisavó, que alá polo ano 1967, unha vez, estando traballando, precisamente
metendo o aparello a bordo, estaba un mariñeiro no muñón de estribor co panteón
para meter o aparello, entón o panteón montou e el foi desmontalo coa man, na
que tiña unha luva, de súpeto detrás da luva foi o corpo do mariñeiro, deulle
tres ou catro voltas a aquel mariñeiro
contra a cuberta do barco, o que fixo que se puxera en moi mal estado. Aínda
que o colleron con vida, faleceu no barco, logo botáronlle xeo para que non se
descompuxese e levárono a Terra, e unha vez en Terra fixéronlle a autopsia.
Encallados na Loba.
De súpeto oíron un son estridente, o
barco acababa de encallar na Loba, unha rocha da illa de Ons que está entre
Onza e Ons. Cando pasou isto, cundiu o pánico entre os mariñeiros, pois non se
vía nin se sabía contra que encallaran. Para poder ver a situación, apagaron as
luces e observaron como estaban encallados, daquela comenzou a entrar auga e
aínda se asustaron máis do que estaban.
Grazas a que ese día a corrente era
forte, puideron saír de alí. Pero aínda tiñan outro problema que arranxar, pois
seguía entrando moita auga. Un dos mariñeiros suxeriu ir a un lugar próximo,
pero meu pai quería chegar a porto e non quixo, polo que puxeron rumbo a Bueu.
Conseguiron chegar grazas a que coas bombas de achique foron capaces de mantelo
a flote. Ao chegar estaban cansos pero aínda quedaba outra urxencia que era
varar o barco. Varárono e comprobaron os danos: o casco tiña unha fenda por
onde entrara a auga, aínda que esta non fora moi grave. Procederon á súa
reparación que durou varias semanas durante as que meu pai mais os mariñeiros
non puideron saír ó mar.
Golpe
de mar.
Óscar
Martínez Parada 1º A
Ó motor, por sorte,
non lle chegou, se non agora non me estarían contando esta historia.
Naufraxio do Kaiser I
Daniel Iglesias Solla1ºB
Esta é unha anécdota contada por un vello mariñeiro, con moitas escamas no seu corpo
e xa máis salado que dulce, porque naqueles tempos comenzábase a andar ao mar con
oito anos de idade para axudar a levar un anaco de pan á casa. Alá polos anos 80, cando
aínda os pequenos barcos do Morrazo se adicaban á pesca co arrastre polas rías de Pontevedra e Vigo, os chamados vaqueras adicábanse a pesca cun arte denominado “vaca” que consistía en arrastrar polo fondo do mar un aparello que levaba unhas portas diante deste, para conseguir armalo e así pescar diversas especies mariñas, entre elas: fanecas, pescadas, polbos, escachos, etc.
O conto, é que un mércores 14 de febreiro, cando o día estaba abrindo os ollos,
serían as sete da mañanciña, cando dous barcos ían arrastrando pola bocana sur da ría ,un deles chamado CAISER 1, afundiu dunha peculiar maneira.
O que ía detrás decatouse que o barco de adiante desaparecera, como se o tragase o mar sen máis.
Naqueles tempos os barcos estes pequenos carecían de adiantos entre outras cousas
só tiñan un aparato de radio de pouca distancia chamado chivato, e o patron do barco traseiro chamou polo CAISER I sen recibir resposta algunha.
Pasaba xa algo máis de media hora que desaparecera, e un mariñeiro que estaba na proa
do barco mirando ao mar, por se avistaba o barco que faltaba mirou unha mancha de gasoil
bastante grande e dixolle ao patron:
-José, creo que o CAISER I afundiu e está soltando o gasoil á superficie.
Coa misma empezaron a buscar aos mariñeiros, pero non atoparon a ninguén.
Soamente puideron recoller do mar unhos garrafos e uns catro ou cinco cravos de meter o peixe
co nome do barco afundido. Seguiron buscando xa medios desesperados, ata que outro compañeiro avisou polo chivatoque a tripulacion do CAISER I chegou a nado á praia de SAMIL todos sans e salvos, aínda que moi cansos e asustados.
Segundo se puido saber o CAISER I ía ao arrastre, enganchóuselle o aparello nun obxecto de abaixo do mar, e o cabo que ía amarrado no barco tirando do aparello corréuselle a unha banda, e o barco deu volta nun pechar e abrir de ollos.
A tripulación atopábase elaborando o peixe na cuberta do barco, polo que saíron todos a flote e nadaron todos xuntos ata a praia de Samil.
As condicións metereolóxicas eran boas, e todos os tripulantes eran novos e bastante bos nadadores, de non ser así outro galo cantaría.
O gran susto dos dous irmáns.
Daniel Piñeiro Ferradás -1º A
-
Pepe estas nubes non che me
gustan nada.
-
Tes razón, a min tampouco.
-
Esperaremos un pouco a ver
que pasa? – preguntou Moncho.
-
Vale- respondeu Pepe.
As mulleres e os fillos, estaban xa preocupados porque
tardaban máis do normal.Cando chegaron Moncho e Pepe quedaron todos ledos.
O María Teresa Rodríguez.
Raquel Iglesias Regueira- 2ºA
Postos no destino de traballo, botaron a arte
(o aparello) á auga e aproximadamente ás dúas horas puxéronse a virar para
meter a arte a bordo. Comprobaron que traballaba ben, polo que volveron botalo
á auga. Despois de media hora aproximadamente, miraron que o barco escoraba
cara un lado. Ao principio non lle deron moita importancia, posto que segundo
as correntes e coa arte no fondo, hai que deixar unha diferencia da canle,
babor (esquerda) ou estribor (dereita) e motivado por esas correntes e á
diferencia da canle, o barco soe inclinarse cara unha banda ou cara outra.
Pero
despois dun tempo transcorrido e comprobar que o barco se inclinaba máis do
normal empezaron a sacar conclusións de que algo non ía ben.Como estaban nos
camarotes, decidiron saír deles para ir
comprobar que era o que pasaba.
A
sorpresa foi enorme, pois a bodega, estaba completamente anegada con 20 ou 30
centímetros de auga . Polo que subiron rapidamente a cuberta. Chegados a
cuberta, todos estaban desorientados, pois, non sabían o que ocorría.
Empezaron
a moverse dun lado para outro, buscando por onde entraba dita auga.Visto que non miraban por onde se filtraba a auga,
puxéronse a cambiar todo o material pesado para o outro costado.
Máis
tarde como vían que non lograban endereitar o barco, despois de cambiar todo o
pesado fixeron as manobras correspondentes de salvamento, botando as balsas
salvavidas á auga, recollendo as mantas e algúns obxectos persoais, que practicamente non foron ningúns, pois o
medo e o nerviosismo non os deixaban pensar con claridade. Así que o único que
realmente se recolleu foron seis mantas que eran as que estaban máis á man, e a
documentación que estaba na ponte de mando.
Mentres
estiveron facendo todo isto, o capitán do buque xa fixera a correspondente
chamada de socorro. Coa mesma, despois de teren recibido bastantes respostas
dos buques que estaban traballando na zona, abandonaron o barco e subiron ás
balsas de salvamento. Estando xa nas balsas, lanzaron dúas bengalas para
sinalar a súa posición.
Aos
20 minutos aproximadamente de abandonar o barco todos, co que tiñan posto,
recolleunos un barco de pesca. A partires de estar xa a salvo, en dito barco ao
cal agradeceron de todo corazón o recibimento e as atención que lles prestaron,
polo cal repite que dá grazas, veu recollelos o buque hospital “Esperanza do mar” . Xa acomodados en
dito barco e despois de recibir todo
tipo de atención médica ,por se alguén tiña algún golpe ou algún problema e ser
atendidos correctamente, leváronos ás Palmas de Gran Canaria, onde xa a
compañía armadora e os familiares que estaban enterados dos feitos os
trasladaron á casa coas súas familias.
Só
lle pide ós que oen isto que aquí relata, que conste que se algunha vez, por
algún motivo, teñen a desgraza de que isto lles ocorra, que conteñan a calma,
pois os nervios e a desesperación fan que as cousas sempre saian mal.
Grazas
á súa tranquilidade, compañeirismo e cooperación, conseguiron todos salvar as
súas vidas.
Agora con
ocasión deste relato, chama a atención dos mozos:
Mozos,
estudade, e o máis bonito: o mar para os peixes.
Vós, sempre xuntos cos seres queridos.
O
sufrimento no mar.
Miquel Ángel
Piñeiro 1ºA
Esta
historia aconteceu hai xa moitísimos anos. É unha historia que lle aconteceu ao
meu avó, que se chamaba Emilio e a uns cantos amigos del e a outros que non o
eran tanto.
Aconteceu
moi lonxe de aquí, ocorrera por África. Eles foran nun barco que era bastante
grande. No barco tiñan bastantes provisións e moitísima roupa xa que botarían
no mar moitísimos meses.
Cando
marcharan, todos os tripulantes do barco estaban bastante tristes porque
botaban de menos a súa familia. Despois de pasar dous meses no mar todos os que
ían no barco sempre o pasaban ben pois o tempo que facía, tanto polo día como pola noite era bastante bo. O
mar sempre estaba calmado e non tiñan ningún problema e á parte fixeran unha
boa collida de peixe...
Despois
de aquela bonanza unha noite todos os homes foran durmir tranquilos e non
esperaban que se acercara unha tormenta tremenda.
Xusto
cando xa estaban todos durmidos ,empezou a soprar moitísimo vento e tamén
empezara a chover. A chuvia era moi forte e por iso o barco empezou a moverse
pois as ondas eran bastante grandes e bastante fortes. Todos empezaron a
marearse o mesmo que lle pasaron aos tripulantes.
Un
dos homes que había no barco movíase de tal maneira que chegou a caer do barco.
Todos os homes inmediatamente foron
coller os botes para ir rescatar
o home. Estiveron moitísimo tempo buscándoo pero non o encontraron, eles non se
daban por vencidos seguían e seguían, pero nada, que non había rasto do home.
Logo seguiron buscándoo no barco a ver se o miraban pero sen resultado, ata que
o meu avó mirou unha gran rocha, e alí estaba o home, rápidamente foron a
recollelo.
O
home estaba sen feridas pero bastante cansado de loitar contra as ondas para
alcanzar a rocha e salvar a vida.
Despois
de vivir o pesadelo e de pasar aquilo, aínda pasaron uns cantos meses para
voltar á casa. Xa na casa contáronlle o ocorrido á súa familia que levaron un
susto de morte, mais , naquela ocasión o home salvouse e puido contar á familia
e ós amigos o que sufriu no mar naquela ocasión. Son só aventuras de mariñeiros, sempre que o
poidan contar.
Perigo
no mar e nacemento na terra.
Irene Cabanelas Meira 2ºA
Nome do barco: Manuel
Planas.
POR POUQUIÑO
Idoya Cancelas
León,1ºA
Tiveron
que facer aparellos novos para continuar a pesca pois aquel temporal deixáraos
todos estragados.
Reflexións dun mariñeiro.
Pablo Alonso Santos-1ºB
Sería
cuestión de sorte?
Beatriz Vidal Patiño-1º C
Era
no mes de Outubro, e o meu avó que se chama Juanito andaba a traballar no mar,
nun barco coñecido polo nome de ``JOCABAL´´.
Aquel mes o meu avó pasouno queixándose de que se lle daba igual saír ó
mar ou non saír, porque dicía que non daban pescado nada.
![]()
Todos os demais salváronse e cando
chegou o barco de rescate todos foron
rescatados con vida, aínda que non pudieron coller ningunha das súas pertenzas.
Laura Cruz Estévez 1ºA
Contoume meu pai que unha
vez foron coller o barco a un porto de Venecia para saír ó mar. A tripulación
era moi nova e meu pai tamén.
Levou moita desilusión ó ver o barco
xa que era moi vello e estaba moi
deteriorado ,pensou se podería resistir unha viaxe tan longa e tivo medo a que se avariase na viaxe. Daquela, o barco estaba en reparacións e cando xa acabaran de reparalo subiron
todos a bordo do barco con moito medo,
pois xa non podían dar marcha atrás.
Xa eran as catro da mañá e a meu pai
tocáballe facer
a garda, puxo o chaleco salvavidas e colocouse diante da
saída de emerxencia por se pasaba algo. Tiña moitísimo medo, era moi novo, o
barco moi deteriorado e estaba moi triste e preocupado por se o barco daba
volta, pois estaba vendo que pouco lle faltaba.
Pasaron Galiza
e as cousas foron a mellor
e mellor ata que a todos se lles
quitou o medo e seguiron navegando cara Francia .
Aínda que levaron gran desilusión xa que uns compañeiros doutro barco morreran afundidos unhas millas máis arriba e non pudieron salvalos. Así é o mar , fero e temible, pero os mariñeiros son fortes e conseguen pasar os temporais e superar a perda dos compañeiros que quedan polo camiño.
Un forte temporal.
Raquel Paz García,1ºA
Esta historia contouma meu
pai e di así:
Xa hai moito tempo, en outono, o meu pai, chamárono dunha
empresa para ir de cociñeiro nun barco bastante grande que ía pescar a Canadá.
Ían botar seis meses na mar. Quedaban dous días para marchar e meu pai preparou
a maleta.
Chegou o día no que meu pai tiña que marchar e meu irmán,
miña nai e eu acompañámolo ata o porto de Vigo, meu pai despediuse de nós e
subiu ó barco. Os motores empezaron a funcionar e o barco lentamente se
afastaba do peirao e todos tiñan esperanzas en que esa marea ía ser moi boa e
ían capturar moitos peixes.
Xa levaban dous meses pescando e tiñan que ir a un porto
de Canadá. A mar estaba en calma, fermosa como a maioría das veces. Pero de
súpeto empezou a chover, as ondas cada vez eran máis grandes e facía moito
vento. Cada vez as ondas facíanse máis e máis grandes, ía moito frío e os
mariñeiros estaban todos mollados.A mala sorte fixo que dous mariñeiros que
estaban a recoller unhas redes caeran ó mar, os demais mariñeiros intentaban
axudalos con chalecos salvavidas e tirándolle cordas. Os maquinistas chamaron ó
peirao e rapidamente varios barcos chegaron xunto a eles para recoller aos dous
homes e ós demais que non podían chegar ó porto porque un dos motores
estropeárase e non podían navegar nesas condicións, xa que tarde ou cedo sabían
que se lles ía parar. Os mariñeiros subiron ós barquiños e foron cara ó porto e
alí os atenderon. A empresa, á mañá seguinte mandou un barco para que os fora
buscar e volver de novo para España.
Grazas a Deus non lles pasou nada a ninguén e todos están
ben.


























